VISITA Á CASA NIÑO CURUXA DE LÚA

/ Decembro 14, 2023/ Noticias

Onte, o alumnado de 1º do CFGS de Educación Infantil, visitou a Casa Niño Curuxa de Lúa e o CEIP Doutor Suárez en Fornelos de Montes, nunha contorna natural marabillosa. Primeiro visitamos a Casa Niño, onde Teresa Covelo, a súa mestra, nos explicou o funcionamento da mesma, así como os requisitos para a súa creación. Seguidamente, Jesús Martínez, director do CEIP Doutor Suárez, nos recibiu moi amablemente para ensinarnos as instalacións, o funcionamento, e os proxectos que levan a cabo, entre outras cousas. Por último, Ana María Iglesias, a titora do grupo de 16 nenos e nenas de Educación Infantil, convidounos a coñecer a metodoloxía por proxectos que seguen nesta etapa.

Estamos moi agradecidas pola acollida e o bo trato.

Moitas grazas polo voso tempo!

Share this Post