VISITA DE ESTUDO A APAMP

/ Decembro 18, 2023/ Noticias

O pasado venres, o alumnado de 2º curso do CFGS en Educación Infantil realizou unha visita á ludoteca inclusiva Apamp (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral). Alí Alejandra, directora e terapeuta ocupacional do Centro de Atención Infantil e Xuvenil (CAI), explicounos que este novo recurso xurdiu no ano 2015, dentro dos diferentes servizos e actuacións que levan a cabo desde a Asociación. O eixo de traballo fundamental deste Centro é avogar pola inclusión das persoas con parálise cerebral en todos os ámbitos da súa contorna natural, é dicir; na escola, na familia e no lecer. Durante a visita puidemos coñecer os espazos da ludoteca, así como ver unha mostra dos diferentes materiais adaptados e axudas técnicas que se empregan no centro para achegar ás persoas usuarias a unha vida o máis autónoma posible.

Sen dúbida, Apamp é un exemplo do bo facer, e da ilusión que non deberiamos perder na nosa práctica diaria.

Estamos moi agradecidas por todo o que puidemos aprender durante a visita.

Moitas grazas!

Share this Post