Video clausura VII Semana Gastrocultural

Video clausura VII Semana Gastrocultural
Clausuramos esta edición da VII Semana Gastrocultural con Dona Carmen Durán Parrondo, Directora Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Don Xosé Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves, Dona María del Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A Cancela e Dona Lara Fernández, directora da escola de Formación Profesional EFA A Cancela. Dona Lara Fernández agradeceu…
Hoxe tivemos a cata de chocolates ofrecida por Valrhona marca Francesa de gran calidade e prestixio a nivel mundial. Esta cata organoléptica foi unha experiencia interesantísima para coñecer todo o proceso de produción do chocolate, mentres iamos degustando, un detrás doutro, os Grands Chocolats. Degustar, é unha tarefa na que interveñen todos os sentidos.…
Abrimos a II Xornada da Semana Gastrocultural con RESTAURACIÓN VEXETARIANA E MÁIS con Don Armindo Areal do Restaurante Cúrcuma, restaurante con máis de 25 anos de experiencia na cociña vexetariana e no mundo da restauración. Con vocación temperá ao emprendemento na área de restauración, déronse conta de que había un nicho de mercado crecente…
Na parte máis práctica da VII Semana Gastrocultural puidemos asistir a unha cata dirixida por Óscar Pérez Ramil, secretario- xerente dá DOP Arzúa-Ulloa, e Mari Sei Mosteiro Zapata, secretaria do CRDOP Queixo Teto. Os asistentes puideron degustar as diferentes Denominacións de Orixe protexidas de queixos galegos e realizar unha marabillosa cata organoléptica así como…