A ASOCIACIÓN EFA A CANCELA, conta con un Proxecto enmarcado no programa Iniciativa Xove, subvencionado pola Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, denominado: “ACTÍVATE NO TURISMO”, dirixido a mozos/as (entre 16 e 35 anos), co obxectivo de coñecer os recursos turísticos existentes, poñer en valor os recursos, deseñar accións concretas encamiñadas a atraer turismo, así como descubrir unha idea de negocio en relación o desenvolvemento e dinamización do medio rural.

ACTIVIDADES DO PROXECTO:

  • Estudo documental de investigación dos Recursos Turísticos existentes.
  • Elaboración de paquetes e opción turísticas.
  • Investigación de Mercados.
  • Plan de Difusión e Marketing Turístico.
  • Plan Económico e Financeiro. Un Proxecto de Empresa.

Data de inicio do proxecto: 16 de agosto