TRABALLANDO O MEDO Á ESCURIDADE

/ Xaneiro 11, 2023

Presentámosvos os traballos elaborados polo segundo curso do CFGS de Educación Infantil, no módulo de “Intervención con familias e atención a menores en risco social”. Son actividades encamiñadas a traballar o medo á escuridade nos nenos e nenas, tanto na Escola Infantil como no fogar.

DESCUBRINDO A LOGOPEDIA

/ Marzo 15, 2022

O pasado venres viñeron ao noso centro para darnos unha sesión formativa o servizo completo de Logopedia de Down Vigo (Laura, Lara e Jacobo). Comezou Lara a exposición explicando que era a logopedia e os ámbitos aos que lles afecta especificamente ás persoas con Síndrome de Down. Contounos tamén como se organizaba o seu…

Sesión formativa con Mariam, da Fundación ONCE

/ Decembro 17, 2021

Os dous cursos do Ciclo Superior de Educación Infantil tivemos a sorte de ter connosco a Mariam, traballadora e afiliada á  Fundación ONCE. Mariam contounos como funciona esta Organización, a súa historia, que se remonta ao ano 1938, e aínda que se centra no apoio que prestan ás persoas con diversidade funcional de tipo…

Obradoiro de regulación emocional

/ Decembro 7, 2021

Esta pasada semana, o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil, asistiu a unha sesión formativa sobre regulación emocional e apego, impartida pola psicóloga Pilar Tato Salgado, propietaria, xunto con Begoña Rial Calvo, do Centro de Psicoloxía Aquelar situado en Santa Comba. Pilar axudounos a entender os diferentes tipos de apego…