CM PANADERÍA, REPOSTERÍA E CONFITERÍA

Os alumnos que completan este ciclo son profesionais con capacidade para traballar en obradores artesanais ou semi-industriais, na elaboración de produtos de panadería, repostería e confitería. Tamén poden realizar o seu traballo en sectores como o da hostalería e a restauración.

É un dos Ciclos con maior empregabilidade.

Título: TÉCNICO EN PANADERÍA, REPOSTARÍA E CONFITERÍA.

Na EFA A Cancela ofrecemos unha formación diferente:

  • Metodoloxía Empresa-Aula.

Pilar básico das EFAs desde o seu inicio, é un innovador proceso de aprendizaxe activa, no cal o alumno conta con períodos de formación na empresa desde o primeiro trimestre do primeiro curso,  ALTERNACIA EDUCATIVA, facilitando a asimilación dos coñecementos teóricos, a motivación polo traballo e a súa posterior inserción laboral.

Isto segue a liña da filosofía dual que tan bos resultados está xerando para a futura inserción laboral.

  • Bolsa de traballo. Máis de 300 empresarios e profesionais participan na formación do noso alumnado en cada curso con visitas, cursos ou no acontecemento anual Semana Gastrocultural (añadir enlace). Contamos cunha bolsa de traballo viva e en constante actualización para alcanzar o gran índice de inserción laboral con que contamos na nosa escola.
  • Titorías personalizadas. Un dos pilares como centro educativo está no sistema de seguimento personalizado do que dispón o alumno durante a súa estancia na escola.
  • Protocolo empresarial e social: Formación en ética profesional e valores.
  • Diversidade de actividades no ciclo:

Masterclass e Cursos con figuras de renome no sector: Xavier Barriga, Guille Moscoso, Daniel Pampín, Pepe Solla, Judith Comes, Gerard Barsé, Iñaqui Bretal, Rafael Centeno, Francisco Tejero, Fernando Saez, etc.
Semana Gastrocultural: Actividades relacionadas con coñecer e divulgar produto de calidade, emprendemento, oportunidade de negocio, promoción do medio, etc.
– Viaxes de estudios: Forum, Alimentaria, Intersicop, Feria Gourmet, empresas del sector tanto do noso entorno, como de índole nacional (Moulin del chocolate, Turris, Harina Madrid, Dstage, Diverxo, Totel, Escribá, Escuela gremio Barcelona, Joan Baixas, etc. Para mais información, visita a nosa galería de fotos.
– Traballos e proxectos e talleres grupais: Trátase de que alumno aprenda a traballar en grupo e a utilizar as ferramentas tanto de carácter tecnolóxico como de aprendizaxe de xestión de recursos que enlazan cos sistemas pedagóxicas máis empregados hoxe en día no proceso da formación.
– Sesións de formación: Para esta actividade utilizaremos de forma transversal en todo o proceso formativo un sinfín de actividades, formas de traballo, sesión formativas, tertulias, experiencias profesionais, entrevistas, sesión de protocolo empresarial, etc.

Acceso directo:

  • Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
  • Estar en posesión dun Título Profesional Básico (Formación Profesional Básica).
  • Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos.
  • Superar o segundo curso do Bacharelato Unificado e Polivalente ( BUP).
  • Superar a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.

Acceso mediante proba (para quen non teñan algún dos requisitos anteriores):

  • Superar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio (requirirase ter, polo menos, dezasete anos, cumpridos no ano de realización da proba).

Duración: 2000 horas

Acceso: 4º ESO, FPI, 2º BUP ou proba de acceso.

Módulos 1º ano:

  • Elaboracións de panadaría e bolería (347 h).
  • Materias primas e procesos en panadaría, pastelaría e repostería (133 h.)
  • Operacións e control de almacén na industria alimentaria (80 h.)
  • Procesos básicos de pastelaría e repostaría (240 h.)
  • Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos (53 h.)

Módulos 2º ano:

  • Elaboracións de confeitaría e outras especialidades (192 h.)
  • Empresa e iniciativa emprendedora (53 h.)
  • Formación e orientación laboral (107 h.)
  • Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría (70 h.)
  • Produtos de obradoiro (175 h.)
  • Sobremesas en restauración (140 h.)
  • Formación en centros de traballo (410 h.) 

Que se aprende:

As competencias que debe adquirir un técnico de confitería e gastronomía son múltiples e diversas. Elaborar e presentar produtos de panadería, repostería , confitería e postres de restaurante. Conducindo as operacións de produción, composición e decoración, con aplicación da lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais así como Marketing e Packaging.

Ao finalizar o Ciclo poderase traballar como:

  • Pasteleiro.
  • Panadeiro.
  • Pizzeiro.
  • Xeadeiro.
  • Elaborador e decorador de pasteis.
  • Confeiteiro.
  • Reposteiro.
  • Turroneiro.
  • Elaborador de caramelos e doces.
  • Elaborador de produtos de cacao e chocolate.
  • Galleteiro.
  • Pastry chef.

Na actualidade estréitase a liña entre o mundo salgado e o mundo doce no restaurante, necesitando cada día máis xente polivalente.

Ou seguir estudando:

  • Cursos de especialización profesional.
  • Acceso directo a un Ciclo Superior de calquera rama coa posibilidade de establecer convalidacións de módulos profesionais de acordo á normativa vixente.
  • O Bacharelato en calquera das súas modalidades Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias de opción do bloque das troncais).

Na Escola ofrecemos aos nosos alumnos a oportunidade de aprender idiomas de diversas formas:

  1. Poderase acadar simultaneamente ao Ciclo que realices, o nivel B1 (Preliminary) ou B2 (First) en INGLÉS pola universidade de Cambridge.
  2. Terase a posibilidade mediante o programa Erasmus+ ou Galeuropa de poder realizar prácticas no estranxeiro. Poderase elixir entre Reino Unido, Irlanda, Italia, Portugal, Bélxica ou Alemaña entre outros.
  3. Máis información nas seccións Cambridge e Proxectos Europeos.

De marzo a xuño do 2º ano do ciclo o alumno realizará as prácticas laborais nunha empresa do sector, é a coñecida como FCT (Formación en Centros de Traballo).

Contamos cunha rede de máis de 250 empresas:

CLUB FINANCIERO DE VIGO

HOTEL BALNEARIO MONDARIZ

PANADERÍA CAMIÑO NOVO, TOMIÑO

PASTELERÍA, CONFITERÍA EL MOLINO, VIGO.

PANADERÍA BOULANXERI. SANTIAGO DE COMPOSTELA.

TAFONA CASA DE XANTAR.RESTAURANTE. SDCOMPOSTELA.

RESTAURANTE EIRADO DA LEÑA. PONTEVEDRA.

EL TRIGAL. VIGO

RESTAURANTE BÚRBIDAS. MONDARIZ

CONFITERÍA REGINO. PONTEAREAS

CONFITERÍA PORRIÑO.

PASTELERÍA SÉMOLA.

PARADOR DE BAIONA.

LEMBRANZA.PONTEAREAS.

A FOGAZA. PONTEAREAS.

RESTAURANTE ESTEBAN. MOS

MARUJA LIMÓN.VIGO

RESTAURANTE CASA MARCO.

PANADERÍA TRASTRIGO.

PANADERÁ ERUNDINA. PORRIÑO.

TASKATENDA. SALVATERRA.

RESTAURANTE PÍCOLA.

PANADERÍA SUPAN. VIGO

PASTELERÍA CARLO.PORRIÑO.

PANADERÁ PANDARÁN. A LAMA.

A MAQUÍA. PORRIÑO.

FRANCOS. PONTEAREAS.

CASA RIVERO. MONDARIZ.

PANADERÍA AMASAME BAKERY. PONTEVEDRA

PANADERÍA ARGIBAY. PORRIÑO

PANADERÍA PAN DA MOA. SANTIAGO

RESTAURANTE PEPE SOLLA. PONTEVEDRA

HOTEL DA NATUREZA NANDE. AS NEVES

Se desexa máis información, cumprimente o seguinte formulario

    Nome

    Teléfono

    Correo electrónico

    Xestión administrativaPanadería, respostería e confitaríaCoidados auxiliares de enfermeríaEducación infantilAdministración e finanzasErasmus +Manipulador de alimentos

    Observacións

    Ao pulsar o botón “ENVIAR” declaro que lin a información e estou conforme co tratamento dos meus datos persoais.
    Si, autorizo que me envíen información comercial de EFA A Cancela

    Información básica Protección de Datos Reglamento (UE) 2016/679
    Responsable do tratamento: Asociación EFA A Cancela
    Finalidade: Contestar solicitudes enviadas desde a web.
    Lexitimación: Consentimento expreso do interesado.
    Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros.
    Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros que se detallan na información adicional.
    Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos, na nosa web: https://efaacancela.com/aviso-legal/