Cambridge

CAMBRIDGE

Os exames de Cambridge ESOL (English for Speakers of Other Languages) contan co  recoñecemento de empresas, universidades, autoridades educativas e axencias gubernamentais en case todo o mundo.

Falar inglés é de cada vez máis necesario no mundo laboral debido a expansión das empresas por todo o mundo grazas a Internet. Para moitas empresas é imprescindible que os seus traballadores dominen este idioma estranxeiro. Un traballador que dispoña dunha Certificación Oficial pola Universidade de Cambridge, disporá dun documento que acreditará o seu dominio do inglés.

Na Efa ofrecemos a preparación para os niveis B1 e B2*, sen custo adicional para os alumnos da nosa escola.

A titulación B1 Preliminary demostra que dominas os aspectos fundamentais do inglés e posúes as destrezas lingüísticas necesarias para un uso cotián. No teu camiño de aprendizaxe, este exame é o paso intermedio entre A2 Key e B2 First.

Horario: Xoves de 15:30-17:00.

Máis información e estrutura do exame: https://www.cambridgeenglish.org

O B2 é o terceiro nivel da gama principal de exames de Cambridge ESOL, que avalían os coñecementos de inglés xeral desde un nivel principiante ata avanzado. Neste nivel, os estudantes han de ser capaces de traballar ou estudar nunha contorna de fala inglesa e desenvolverse comodamente como turistas nun país de fala inglesa, aínda que poidan experimentar algunha dificultade á hora de desenvolverse en situacións pouco correntes e manexar vocabulario técnico.

Horario: Mércores de 16:00-18:00

Máis información e estrutura do exame: https://www.cambridgeenglish.org

Se desexa máis información, cumprimente o seguinte formulario

    Nome

    Teléfono

    Correo electrónico

    Xestión administrativaPanadería, respostería e confitaríaCoidados auxiliares de enfermeríaEducación infantilAdministración e finanzasErasmus +Manipulador de alimentos

    Observacións

    Ao pulsar o botón “ENVIAR” declaro que lin a información e estou conforme co tratamento dos meus datos persoais.
    Si, autorizo que me envíen información comercial de EFA A Cancela

    Información básica Protección de Datos Reglamento (UE) 2016/679
    Responsable do tratamento: Asociación EFA A Cancela
    Finalidade: Contestar solicitudes enviadas desde a web.
    Lexitimación: Consentimento expreso do interesado.
    Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros.
    Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros que se detallan na información adicional.
    Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos, na nosa web: https://efaacancela.com/aviso-legal/