CS EDUCACIÓN INFANTIL
Estudar Educación Infantil garante o acceso a múltiples saídas laborais: educador infantil, asesor ou coordinador pedagóxico en educación infantil, auxiliar en educación especial, director de gardería ou apostar por proxectos que combinen investigación e educación.
Ademais, co título de Técnico Superior en Educación Infantil, pódese traballar en escolas e proxectos de educación públicos.
Se o que se busca é formar parte da incorporación ao sistema educativo dos máis pequenos, o CS en Educación Infantil é unha das mellores opcións para cumprir estas expectativas.
Título Oficial: TÉCNICO SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL.
1. Por que estudar en A Cancela
Na EFA A Cancela ofrecemos unha formación diferente:
- Metodoloxía Empresa-Aula.
Pilar básico das EFAs desde o seu inicio, é un innovador proceso de aprendizaxe activa, no cal o alumno conta con períodos de formación na empresa desde o primeiro trimestre do primeiro curso, ALTERNACIA EDUCATIVA, facilitando a asimilación dos coñecementos teóricos, a motivación polo traballo e a súa posterior inserción laboral.
Isto segue a liña da filosofía dual que tan bos resultados está xerando para a futura inserción laboral.
- Bolsa de traballo. Máis de 300 empresarios e profesionais participan na formación do noso alumnado en cada curso con visitas, cursos ou no acontecemento anual Semana Gastrocultural. Contamos cunha bolsa de traballo viva e en constante actualización para alcanzar o gran índice de inserción laboral con que contamos na nosa escola.
- Titorías personalizadas. Un dos pilares como centro educativo está no sistema de seguimento personalizado do que dispón o alumno durante a súa estancia na escola.
- Protocolo empresarial e social: Formación en ética profesional e valores.
- Diversidade de actividades no ciclo:
- Visitas a empresas e administracións públicas: Porto de Vigo, Inditex, Sylazel, Congreso de deputados e IBM en Madrid, Parlamento de Galicia e Deputación, entre moitas outras.
- Conferencias ou sesións formativas de empresarios ou especialistas: profesionais da banca e de seguros, fomento do emprendemento, …
- Viaxe anual nacional ou estranxeiro: Londres, Dublín, Berlín, Bruxelas…
- DEPOEMPRENDE. Premio da Deputación ao mellor proxecto de final de Ciclo na provincia de Pontevedra. A EFA A CANCELA recibiu o premio no curso 2018/2019.
2. Requisitos de acceso
Acceso directo:
- Estar en posesión do Título de Bacharel, ou dun certificado acreditativo de superar todas as materias do Bacharelato.
- Estar en posesión do Título de Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).
- Superar o segundo curso de calquera modalidade de Bacharelato experimental.
- Estar en posesión dun Título de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio)*.
Acceso mediante proba (para quen non cumple algún dos requisitos anteriores):
- Superar a proba de acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior (requírese ter, polo menos, 19 anos) ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
3. Duración/Plan de Formación
Duración:
2.000 horas.
Módulos 1º ano:
- Didáctica da educación infantil.
- O xogo infantil e a súa metodoloxía.
- Expresión e comunicación.
- Desenvolvemento cognitivo e motor.
- Formación e orientación laboral.
Módulos 2º ano:
- Autonomía persoal e saúde infantil.
- Desenvolvemento socio afectivo.
- Habilidades sociais.
- Intervención con familias e atención a menores en risco social.
- Primeiros auxilios.
- Empresa e iniciativa emprendedora.
- Proxecto de atención á infancia.
- FCT ( Prácticas na empresa: 384 horas)
Que se aprende:
Deseñar, aplicar e avaliar proxectos educativos para primeiro ciclo de educación infantil.
Este profesional será capaz de:
- Programar, deseñar e levar a cabo actividades de intervención educativa e de atención social coa infancia e as súas familias.
- Utilizar recursos e procedementos para dar resposta ás necesidades dos nenos, nenas e familias que requiran a participación doutros profesionais ou servizos.
- Avaliar o proceso de intervención e os resultados obtidos, xestionando a documentación asociada e transmitindo a información.
- Manter actualizados os coñecementos científicos e técnicos relativos á súa actividade profesional, utilizando os recursos existentes para a aprendizaxe ao longo da vida.
- Manter relacións fluídas cos nenos e nenas e as súas familias, membros do grupo no que se estea integrado e outros profesionais, mostrando habilidades sociais, capacidade de xestión da diversidade cultural e achegando solucións a conflitos que se presenten.
4. Saídas profesionais
Ao finalizar o Ciclo poderase traballar como:
- Educador infantil en primeiro ciclo de educación infantil.
- Educador en institucións e/ou en programas específicos de traballo con menores (0-6 anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar.
- Educador en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con menores de 0 a 6 anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros de lecer, granxas escola, etc.
Seguir estudando:
- Cursos de especialización profesional.
- Outro Ciclo de Formación Profesional coa posibilidade de establecer convalidacións de módulos profesionais de acordo á normativa vixente.
- Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias de opción do bloque das troncais)
- Ensinos Universitarios coa posibilidade de establecer convalidacións dacordo coa normativa vixente
5. Idiomas
Na Escola ofrecemos aos nosos alumnos a oportunidade de aprender idiomas de diversas formas:
- Poderase acadar simultaneamente ao Ciclo que realices, o nivel B1 (Preliminary) ou B2 (First) en INGLÉS pola universidade de Cambridge.
- Terase a posibilidade mediante o programa Erasmus+ ou Galeuropa de poder realizar prácticas no estranxeiro. Poderase elixir entre Reino Unido, Italia, Irlanda, Portugal, Bélxica ou Alemaña entre outros.
- Máis información nas seccións Cambridge e Proxectos Europeos.
6. FCT-Prácticas
De marzo a xuño do 2º ano do ciclo o alumno realizará as prácticas laborais nunha empresa do sector, é a coñecida como FCT (Formación en Centros de Traballo).
Contamos cunha rede de máis de 250 empresas:
BALNEARIO DE MONDARIZ, S.A.
MASCATO SALVATERRA, S.L.
GARAJE PUENTEAREAS, S.L.
ASERGALICIA PONTEAREAS, S.L.
GESTORÍA REPRESAS, S.L.
Mª JOSÉ LOSADA PÉREZ
RAFAEL VICENTE LOSADA
LEDISSON A&IT, S.L.
INSERIMOS ENERGIA, S.L.
DON DISFRAZ DE GALICIA, S.L.
ASESORÍA VIÑAS & BREA, S.L.
CONCELLO DE PONTEAREAS
VIZA AUTOMOCIÓN, S.A.
SEGURIDAD MAR, S.L.
CONCELLO DE AS NEVES
GRANITOS MORGADANES, S.L.
ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A.
ONLINE MARKETING FACTORY, S.L.
EURO CKP, S.A.
DUATEL ASESORAMIENTO DE TELECOMUNICACIONES, S.L.
PANELSHIP, S.L.
ASESORES DO BAIXO MIÑO, S.L.
MADERAS GERMÁN FUENTES PORTO E HIJOS, S.L.
ASERCO RESAL, S.C.
ATMÓSFERA PONTEAREAS, S.L.U.
CERRAJERÍA MANOLO, S.L.
STAR, S.L.
DARLIM, S.L.
RESIDENCIA PAZ Y BIEN
ASESBES, S.C.
ELECTRICIDAD BIMCA, S.L.
GRANICHAN, S.L.
GRANJA LOS ROSALES, S.L.
GRUPO EMPRESAS TABOEXA, S.L.U.
ATC TORREALDAY GALICIA, S.L.
CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
CERRAJERÍA GÓMEZ Y GÓMEZ, S.L.
ASERCO SALCEDA, S.C.
CONCELLO DE TUI
A COCIÑA DE LUMAI, S.L.
BLOKDEGAL, S.A.
GEFCO ESPAÑA, S.A.
ASESORES TÉCNICOS MERCANTILES, S.L.
CONCELLO DE PORRIÑO
ASELIC VIGO, S.L.
XESTIÓN TUI, S.L.
DATAPHONE GLOBAL, S.A.
ELECTRODOMÉSTICOS RIAL, S.L.
ASESORÍA, XESTORÍA E SERVICIOS DA PARADANTA, S.L.
ASERCO PONTEAREAS, CB
ARELA ASESORES, S.L.
FUNDACIÓN CTAG
TRANSPORTES MANUEL CID DÍAZ, S.L.
BSH ELECTRODOMÉSTICOS ESPAÑA, S.A.
COPISTERÍA LEDO, CB
MUNDICOPIAS
ALFESO, S.L.
DOUS COPIART, S.L.
MENSAXERÍA URXENTE PORR EXPRESS, S.L.
TALGRUTRANS, S.L.U.
INDUSTRIAS CÉSPEDES E HIJOS, S.L.
BODEGAS EIDOSELA, SCG
Mª ISOLINA GONZÁLEZ GONZÁLEZ
MAQUINARIA LANO, S.L.
BIMCA, S.L.
COVELO RIEGOS, S.L.
FEDERACIÓN GALEGA DE BADMINTON
NEUMÁTICOS KAUMAN, S.A.
CONCELLO DE SALVATERRA
SEGURPINO, S.C.
DOUS TRAZOS, S.L.
SARA MARIÑO GONZÁLEZ
VARELA GARCÍA RAMOS, S.L.
AS NEVES TALLERES DE REPARACIÓN, S.L.
COPISTERÍA LEDO, C.B.
GESTORÍA MERA
SERMIÑO, S.A.
CONCELLO DE ARBO
SEÑORÍO DE RUBIÓS, S.L.
SERFIS ASESORÍA E XESTIÓN, S.L.
MANUEL GARCÍA ARAÚJO, S.L.
INDUSTRIAS CÁRNICAS FONTEFRÍA, S.L.
ABRIL PUBLICIDAD
Se desexa máis información, cumprimente o seguinte formulario