PROXECTO PRACTICUM DEPO-CONSORCIO
COA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Listado de alumnos pre-seleccionados da EFA A Cancela para realizar unha estadía de 6 meses en empresas europeas, unha vez rematado o Ciclo Medio cursado.
A listaxe estará publicada tamén no tablón de anuncios da EFA A Cancela.

A EFA A CANCELA forma parte do Consorcio da Deputación de Pontevedra e participa no Proxecto Practicum Depo xunto con outros 30 centros educativos da provincia.
O obxectivo deste programa é ofrecer a posibilidade aos nosos alumnos de traballar nunha empresa europea hasta 6 meses.
A mobilidade realizarase unha vez aprobado o 2º curso e dentro do ano seguinte á súa titulación. Habitualmente é en outubro ou en xaneiro.
No caso do CM de Coidados Básico de Enfermería habitualmente sería ao rematar a aprobar o curso, en xaneiro.
Os países onde pode ir o alumno son:
Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Portugal e Polonia, entre outros.
- Países do programa non pertencentes á Unión Europea: Macedonia do Norte, Islandia, Noruega, Serbia, Liechtenstein e Turquía.
REQUISITOS:
- Ter finalizado e aprobada a FCT dun Ciclo Medio (Xestión Administrativa, Panadería ou Coidados Auxiliares de Enfermería no caso do noso centro).
- Ter un coñecemento acreditado na lingua do país de destino ou, se non é o caso, comprometerse a realizar un curso gratuíto na plataforma lingüística de Erasmus+.
- Ser maior de idade no momento de facer a mobilidade. (Pódese esperar a cumprilos).
Baremo para a selección de alumnado:
- Asistencia e conducta (10%)
- Nivel de coñecemento do idioma requirido (20%)
- Expediente académico (20%)
- Méritos (10%)
- Entrevista persoal (20%)
- Casuísticas persoais (20%).
A presentación de solicitudes realizarase____________________________, descargando a “Folla de inscrición” da web www.efacancela.com ou do Classroom da vosa clase.
Cumprimentarase adecuadamente POR ORDENADOR e enviarase a ana.rosa@acancela.es
-
PREGUNTAS FRECUENTES:
– A contía da Bolsa para realizar o Erasmus+ da EFA A Cancela soe cubrir os gastos de aloxamento, manutención e billetes de avión.
– A Deputación de Pontevedra é a encargada da búsqueda da empresa e sempre hai unha persoa encargada no país de destino para atender os posibles problemas que poidan xurdir (o alumno busca o aloxamento pero pode dispoñer a axuda dunha axencia facilitada pola Deputación para facelo, e é totalmente aconsellable).
-Máis información: https://www.depo.gal/es/-/erasmus-plus