CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Este Ciclo da rama administrativa é un dos perfís máis demandados polas empresas, segundo os datos do SEPE, é un dos Ciclos con maior número de contratacións.
Os alumnos/as que obteñen este título poderán traballar en todo tipo de empresas, sexan grandes, medianas ou pequenas, en calquera sector de actividade, normalmente no de servizos, así coma administracións públicas. Nestas empresas ou administracións desempeñarán as tarefas administrativas de xestión e prestarán atención a clientes e cidadáns.
Acceso directo a Ciclo Superior.
Título: TÉCNICO ADMINISTRATIVO. Inclúe Curso Cambridge (B1-Preliminary).
1. Por que estudar en A Cancela
Na EFA A Cancela ofrecemos unha formación diferente:
- Metodoloxía Empresa-Aula.
Pilar básico das EFAs desde o seu inicio, é un innovador proceso de aprendizaxe activa, no cal o alumno conta con períodos de formación na empresa desde o primeiro trimestre do primeiro curso, ALTERNACIA EDUCATIVA, facilitando a asimilación dos coñecementos teóricos, a motivación polo traballo e a súa posterior inserción laboral.
Isto segue a liña da filosofía dual que tan bos resultados está xerando para a futura inserción laboral.
- Bolsa de traballo. Máis de 300 empresarios e profesionais participan na formación do noso alumnado en cada curso con visitas, cursos ou no acontecemento anual Semana Gastrocultural. Contamos cunha bolsa de traballo viva e en constante actualización para alcanzar o gran índice de inserción laboral con que contamos na nosa escola.
- Titorías personalizadas. Un dos pilares como centro educativo está no sistema de seguimento personalizado do que dispón o alumno durante a súa estancia na escola.
- Protocolo empresarial e social: Formación en ética profesional e valores.
- Diversidade de actividades no ciclo:
- Visitas a empresas e administracións públicas: Porto de Vigo, Inditex, Sylazel, Congreso de deputados e IBM en Madrid, Parlamento de Galicia e Deputación, entre moitas outras.
- Conferencias ou sesións formativas de empresarios ou especialistas: profesionais da banca e de seguros, fomento do emprendemento, …
- Viaxe anual nacional ou estranxeiro: Londres, Dublín, Berlín, Bruxelas…
- DEPOEMPRENDE. Premio da Deputación ao mellor proxecto de final de Ciclo na provincia de Pontevedra. A EFA A CANCELA recibiu o premio no curso 2018/2019.
2. Requisitos de acceso
Acceso directo:
- Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
- Estar en posesión dun Título Profesional Básico (Formación Profesional Básica).
- Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos.
- Superar o segundo curso do Bacharelato Unificado e Polivalente ( BUP).
- Superar a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.
Acceso mediante proba (para quen non teñan algún dos requisitos anteriores):
- Superar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio (requirirase ter, polo menos, dezasete anos, cumpridos no ano de realización da proba).
3. Duración/Plan de Formación
Duración: 2.000 horas (2 cursos)
Acceso: 4º ESO, FPI, 2º BUP ou proba de acceso.
Módulos 1º ano:
- Inglés
- Operacións Administrativas da Compravenda
- Tratamento Informático da Información
- Técnica contable
- Operacións Auxiliares de Xestión de Tesourería
- Formación e orientación Laboral
Módulos 2º ano:
- Comunicación Empresarial e de Atención á Clientela
- Empresa e Administración
- Operacións Administrativas de Recursos Humanos
- Tratamento de Documentación Contable
- Empresa na Aula
- FCT (Prácticas en Empresa 410 horas)
Que se aprende:
- Tramitar documentos ou comunicacións internas ou externas nos circuítos de información da empresa.
- Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técnicas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa.
- Tramitar e realizar a xestión administrativa na presentación de documentos en diferentes organismos e administracións públicas en prazo e forma requiridos.
4. Saídas profesionais
Ao finalizar o Ciclo poderase traballar como:
- Auxiliar administrativo/a
- Auxiliar de oficina
- Administrativo/a comercial
- Recepcionista
- Empregado/a de atención ao cliente
- Auxiliar administrativo/a de administracións públicas
- Auxiliar administrativo/a de cobros e pagos
- Empregado/a de tesourería e medios de pago.
- Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal.
Ou seguir estudando:
- Cursos de especialización profesional.
- Acceso directo a un Ciclo Superior de calquera rama coa posibilidade de establecer convalidacións de módulos profesionais de acordo á normativa vixente.
- O Bacharelato en calquera das súas modalidades Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias de opción do bloque das troncais).
5. Idiomas
Na Escola ofrecemos aos nosos alumnos a oportunidade de aprender idiomas de diversas formas:
- Poderase acadar simultaneamente ao Ciclo que realices, o nivel B1 (Preliminary) ou B2 (First) en INGLÉS pola universidade de Cambridge.
- Terase a posibilidade mediante o programa Erasmus+ ou Galeuropa de poder realizar prácticas no estranxeiro. Poderase elixir entre Reino Unido, Italia, Irlanda, Portugal, Bélxica ou Alemaña entre outros.
- Máis información nas seccións Cambridge e Proxectos Europeos.
Prácticas
Contamos cunha rede de máis de 250 empresas:
BALNEARIO DE MONDARIZ, S.A.
MASCATO SALVATERRA, S.L.
GARAJE PUENTEAREAS, S.L.
ASERGALICIA PONTEAREAS, S.L.
GESTORÍA REPRESAS, S.L.
Mª JOSÉ LOSADA PÉREZ
RAFAEL VICENTE LOSADA
LEDISSON A&IT, S.L.
INSERIMOS ENERGIA, S.L.
DON DISFRAZ DE GALICIA, S.L.
ASESORÍA VIÑAS & BREA, S.L.
CONCELLO DE PONTEAREAS
VIZA AUTOMOCIÓN, S.A.
SEGURIDAD MAR, S.L.
CONCELLO DE AS NEVES
GRANITOS MORGADANES, S.L.
ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A.
ONLINE MARKETING FACTORY, S.L.
EURO CKP, S.A.
DUATEL ASESORAMIENTO DE TELECOMUNICACIONES, S.L.
PANELSHIP, S.L.
ASESORES DO BAIXO MIÑO, S.L.
MADERAS GERMÁN FUENTES PORTO E HIJOS, S.L.
ASERCO RESAL, S.C.
ATMÓSFERA PONTEAREAS, S.L.U.
CERRAJERÍA MANOLO, S.L.
STAR, S.L.
DARLIM, S.L.
RESIDENCIA PAZ Y BIEN
ASESBES, S.C.
ELECTRICIDAD BIMCA, S.L.
GRANICHAN, S.L.
GRANJA LOS ROSALES, S.L.
GRUPO EMPRESAS TABOEXA, S.L.U.
ATC TORREALDAY GALICIA, S.L.
CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
CERRAJERÍA GÓMEZ Y GÓMEZ, S.L.
ASERCO SALCEDA, S.C.
CONCELLO DE TUI
A COCIÑA DE LUMAI, S.L.
BLOKDEGAL, S.A.
GEFCO ESPAÑA, S.A.
ASESORES TÉCNICOS MERCANTILES, S.L.
CONCELLO DE PORRIÑO
ASELIC VIGO, S.L.
XESTIÓN TUI, S.L.
DATAPHONE GLOBAL, S.A.
ELECTRODOMÉSTICOS RIAL, S.L.
ASESORÍA, XESTORÍA E SERVICIOS DA PARADANTA, S.L.
ASERCO PONTEAREAS, CB
ARELA ASESORES, S.L.
FUNDACIÓN CTAG
TRANSPORTES MANUEL CID DÍAZ, S.L.
BSH ELECTRODOMÉSTICOS ESPAÑA, S.A.
COPISTERÍA LEDO, CB
MUNDICOPIAS
ALFESO, S.L.
DOUS COPIART, S.L.
MENSAXERÍA URXENTE PORR EXPRESS, S.L.
TALGRUTRANS, S.L.U.
INDUSTRIAS CÉSPEDES E HIJOS, S.L.
BODEGAS EIDOSELA, SCG
Mª ISOLINA GONZÁLEZ GONZÁLEZ
MAQUINARIA LANO, S.L.
BIMCA, S.L.
COVELO RIEGOS, S.L.
FEDERACIÓN GALEGA DE BADMINTON
NEUMÁTICOS KAUMAN, S.A.
CONCELLO DE SALVATERRA
SEGURPINO, S.C.
DOUS TRAZOS, S.L.
SARA MARIÑO GONZÁLEZ
VARELA GARCÍA RAMOS, S.L.
AS NEVES TALLERES DE REPARACIÓN, S.L.
COPISTERÍA LEDO, C.B.
GESTORÍA MERA
SERMIÑO, S.A.
CONCELLO DE ARBO
SEÑORÍO DE RUBIÓS, S.L.
SERFIS ASESORÍA E XESTIÓN, S.L.
MANUEL GARCÍA ARAÚJO, S.L.
INDUSTRIAS CÁRNICAS FONTEFRÍA, S.L.
ABRIL PUBLICIDAD
Se desexa máis información, cumprimente o seguinte formulario