TÉCNICO SUPERIOR EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO E MEDICINA NUCLEAR E TÉCNICO SUPERIOR EN RADIOTERAPIA E DOSIMETRÍA: TRABALLOS CON FUTURO

/ Xuño 23, 2025/ Noticias

Para orientar ao noso alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería que desexa continuar estudos na rama sanitaria, invitamos a un experto neste campo, con décadas de experiencia ás súas costas, que comunicou información moi valiosa sobre os estudos e o traballo diario dos profesionais graduados nestes dous ciclos formativos de grao superior.

O pasado mércores 18 de xuño Ricardo Gómez “Calis”, que realiza o seu traballo no Hospital Meixoeiro de Vigo, visitou ao noso alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería para resolver as súas dúbidas sobre estas titulacións de técnico superior, alternativas formativas moi interesantes que algunha das nosas alumnas valora para continuar os seus estudos unha vez acaden o título de TCAE na nosa EFA.

Ademáis de explicar os cambios que sufriu a súa titulación en España desde os seus inicios, dividíndose nos dous ciclos superiores actuáis, Calis foi capaz de motivarnos mentres transmitía o amor polo seu traballo, un posto desde o que é posible axudar a moitos doentes e medrar como persoa. A sorte de contar cun profesional da calidade humana de Calis é que non so nos beneficiamos da transmisión de contidos técnicos, senón tamén dos valores cos que todo profesional do medio sanitario debe vivir a súa profesión e que en EFA A Cancela nos esforzamos por transmitir ao noso alumnado.

Desde EFA A Cancela queremos agradecer a Ricardo Gömez o tempo e esforzo que nos brindou nesta estupenda sesión formativa que o noso alumnado valorou a un alto nivel.

Share this Post