LUDOTECA MUNICIPAL DE PONTEAREAS

/ Decembro 5, 2023/ Noticias

O pasado venres, o alumnado do 1º curso do CFGS de Educación Infantil, recibiu a visita de Ana Belén Estévez, Pedagoga, Traballadora Social e directora da Ludoteca Municipal de Ponteareas. Esta ludoteca foi creada no ano 1998, e foi a primeira ludoteca de Galicia con persoal integramente municipal, sendo despois referente para a apertura doutras ludotecas en Lugo, Pontevedra e Ourense.

Ana Belén explicounos que o verdadeiramente importante nunha ludoteca, é o traballo social que se realiza cos cativos, e, entre outras cousas, salientou o respecto cara á infancia e cara á nosa futura profesión.

Fixemos varias dinámicas grupais de presentación e cooperación, e finalizamos a sesión cunha serie de pautas para traballar nunha ludoteca. Moitas grazas pola túa xenerosidade, Ana Belén!

Share this Post