En  Efa a Cancela, atendemos todas as dimensións da formación do noso alumnado, polo que ademais do seu  cualificación técnica, incorporamos unha materia non curricular, voluntaria, de Protocolo Empresarial e Social.

Nela, tratamos o conxunto de normas sociais e formais, pautas de conduta, límites, normas de convivencia e comportamento que debemos cumprir no ámbito laboral.

Como exemplo, inclúense temas como os seguintes: como  responder a unha chamada telefónica, como afrontar unha entrevista de traballo con éxito, a maneira de vestir, a forma de saudar e presentarse, etc.

Obxectivo:

O obxectivo é dotar ao noso alumnado das ferramentas necesarias para afrontar a súa inserción laboral con seguridade, non só polos seus coñecementos técnicos, senón polo coñecemento dos usos sociais no ámbito empresarial.