DESCRICIÓN DO PROXECTO:
Este proxecto elaborado polo equipo da EFA A Cancela: a profesora de Panadería e a profesora de idioma estranxeiro, está deseñado para mellorar a formación profesional dos nosos alumnos do CFGM de Panadería, Repostería e Confitería.
A través de mobilidades internacionais, buscamos ofrecer aos nosos estudantes unha experiencia única que lles permitirá adquirir novas competencias profesionais, culturais, idiomáticas e persoais.
O principal obxectivo é preparar aos mozos para o mundo laboral nunha contorna globalizada, mellorando a súa empregabilidade e permitíndolles desenvolver habilidades que serán clave no seu futuro profesional.
DESTINO:
Os alumnos realizarán a súa mobilidade no BBS Cuxhaven, un centro de Formación Profesional situado en Cuxhaven, Baixa Sajonia, Alemaña, con experiencia en programas Erasmus+ e asociado á EFA A Cancela.
DATAS
A mobilidade está planificada para levar a cabo durante a primavera de 2025 (Mes de maio), ofrecendo aos estudantes a oportunidade de pasar 20 días no centro de Cuxhaven en diferentes empresas de Panadería e Pastelería.
REQUISITOS:
-Estar cursando o CFGM de Panadería, Repostería e Confitería.
-Ser maior de idade.
BAREMO DE SELECCIÓN:
1. Asistencia ás clases lectivas, conduta e participación nas clases prácticas (hasta un máximo de 4 puntos).
2. Entrevista persoal (hasta un máximo de 4 puntos).
3. Tipoloxía do alumnado (2 puntos).
DOCUMENTOS:
– Folla de inscrición. (Descargar).
– Relación de alumnado seleccionado. (Ver).