Xeado de Requeixo e mel coa Mestra Xeadeira Brígida Hermida

/ Marzo 24, 2022/ Noticias

Hoxe a protagonista no Obradoiro de Panadería foi a Mestra Xeadeira Brígida Hermida unha das caras máis visibles do incipiente movemento de Xeaderías en Galicia. O seu establecemento,  Xearte Brigitte, atópase en Santiago de Compostela pero o seu xeado é recoñecido dentro da gastronomía nacional .

Trátase dun xeado artesán con produtos cento por cento naturais, de  materias primas de proximidade, cun gran respecto pola tradición e onde a innovación aplicada á mellora continua do produto é o lema desta emprendedora. Porque Brígida irradia gañas e ilusión por sacar adiante este proxecto pioneiro no sector da xeadería en Galicia.

En resumo, fíxosenos curta esta formación que foi unha pincelada sobre todos os puntos esenciais na producción e venda do xeado.

Agradecer a Brígida a súa colaboración incondicional coa nosa escola

Share this Post