ALEJANDRO DÍAZ, DE VOZ NATURA, VISITA EFA A CANCELA

/ Marzo 29, 2022/ Noticias

O asesor medioambiental e portavoz do Comité Científico de Voz Natura comproba a evolución do noso proxecto educativo ambiental, o primeiro que EFA A Cancela realiza no seo do Programa Voz Natura.

O mércores 16 Alejandro Díaz visitounos en EFA A Cancela co fin de asesorarnos e comprobar a evolución do noso proxecto para Voz Natura. Ademáis de coñecer de primeira man as características propias da nosa EFA grazas ao noso coordinador Voz Natura e á nosa directora do Centro, Alejandro puido botar unha ollada aos espazos onde se realizarán algunhas das intervencións actuais e futuras, dando un adianto do noso próximo proxecto Voz Natura.

Tamén puido interactuar co alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil que, nese instante, traballaba coa súa profesora María na finalización das casetas para paxaros que eles mesmos deseñaron. Unha vez instaladas nas súas respectivas árbores, permitirannos estudar o comportamento das especies que aniñan na nosa contorna. Os libros sensoriais inspirados na fauna e flora da nosa comarca tamén captaron a súa atención.

Desde EFA A Cancela agradecemos a visita de Alejandro e o apoio da organización de Voz Natura no seu esforzo continuo por implicar á comunidade educativa na posta en valor, recuperación e defensa do noso medio natural.

Share this Post