A LABOR DOS TCAE NAS EMERXENCIAS SANITARIAS

/ Marzo 22, 2022/ Noticias

O noso alumnado de Enfermería ten un primeiro contacto coa labor dos técnicos en emerxencias sanitarias en EFA A Cancela. 

Noelia e Pablo, técnicos en emerxencias sanitarias de Ambulancias do Atántico, visitaron o pasado 11 de marzo a nosa EFA cunha ambulancia, permitindo ao alumnado do C.M. de Coidados Auxiliares de Enfermería desfrutar dunha práctica centrada no traslado e a mobilización de pacientes en ambulancia, aumentando así o seu coñecemento sobre o funcionamento das emerxencias sanitarias.

Ademáis de observar as características e o manexo dos distintos dispositivos de mobilización que posúe unha ambulancia e aprender a discernir entre os distintos tipos de ambulancia existentes, o noso alumnado puido valorar o servizo imprescindible que profesionais sanitarios como Noelia e Pablo realizan a diario

Share this Post