Visita ao restaurante e obradoiro de panadería do CIFP Carlos Oroza

/ Marzo 9, 2023/ Noticias

A semana pasada os alumnos de segundo do CFGM de Panadería, Repostería e Confitería visitaron  o CIFP Carlos Oroza , onde realizaron un percorrido polas súas instalacións e coñeceron os diferentes ciclos formativos que imparten dentro da familia de Hostalería e Turismo.

Posteriormente os alumnos asistiron a unha comida gastronómica xaponesa servida no restaurante do centro por alumnos do Ciclo de Restauración.

Por último, durante a tarde asistiron a un curso de Especialización sobre o “Hojaldrado”, impartido por Manuel Patiño, docente con ampla traxectoria profesional.

Queremos agradecer a colaboración co noso centro xa que é un claro exemplo de enriquecemento e aproveitamento de recursos na nosa contorna

Share this Post