COMPARTINDO A SÚA EXPERIENCIA NA EMPRESA

/ Marzo 13, 2023/ Noticias

O noso alumnado de Enfermería expón os seus traballos de investigación realizados a partir da súa estancia en diversas empresas do medio sanitario na nosa contorna

Durante a segunda semana de marzo, coincidindo co regreso da súa estancia nas empresas, o noso alumnado do C.F.G.M Coidados Auxiliares de Enfermería compartiu co resto de compañeiros e compañeiras de clase e co seu profesorado as súas vivencias a través do proxecto de investigación que deseñaron na clase e finalmente desenvolveron en diversos centros relacionados co medio sanitario: clínicas podolóxicas, clínicas de fisioterapia, centros médicos, clínicas de especialidades e centros especializados en discapacidade, entre outros.

Este proxecto abrangueu os contidos teóricos e prácticos dos módulos, as sesións formativas que aínda se están a impartir, a formación en protocolo empresarial e social, así como a propia estancia e o traballo de investigación asociado a ela. Proximamente, todo este traballo culminará nunha sesión final na que se acadarán conclusións comúns a partir de todas as experiencias individuais.

Share this Post