A Xunta trasládalle ao alumnado da EFA de As Neves as medidas impulsadas para a promoción do rural

/ Marzo 9, 2023/ Noticias

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou o martes 7 de marzo o centro de Formación Profesional EFA A Cancela, situado no concello das Neves, onde lle trasladou ao seu alumnado as medidas impulsadas polo Goberno galego para a dinamización demográfica e a promocióndel rural. O director xeral explicou ao noso alumnado que a Xunta aposta por crear servizos nos concellos menos poboados de Galicia, que permitan dotar dunha mellor calidade de vida ás persoas que libremente deciden vivir neles.

Deste xeito, apuntou, favorécese a creación dunha contorna máis viva, no que o acceso a atención, a lecer e a servizos estea garantido.

Máis información en: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/77918/xunta-trasladalle-alumnado-efa-das-neves-medidas-impulsadas-para-promocion-rural?langId=es_ES

https://www.cope.es/emisoras/galicia/noticias/xunta-trasladalle-alumnado-efa-das-neves-medidas-impulsadas-para-promocion-rural-20230307_2590852

Share this Post