Hoxe tivemos a cata de chocolates ofrecida por Valrhona marca Francesa de gran calidade e prestixio a nivel mundial. Esta cata organoléptica foi unha experiencia interesantísima para coñecer todo o proceso de produción do chocolate, mentres iamos degustando, un detrás doutro, os Grands Chocolats. Degustar, é unha tarefa na que interveñen todos os sentidos.…
