Cata de chocolates ofrecida por Valrhona na VII Semana Gastrocultural

/ Maio 20, 2022/ Noticias

Hoxe tivemos a cata de chocolates ofrecida por Valrhona marca Francesa de gran calidade e prestixio a nivel mundial.

Esta cata organoléptica foi unha experiencia interesantísima para coñecer todo o proceso de produción do chocolate, mentres iamos degustando, un detrás doutro, os Grands Chocolats.

Degustar, é unha tarefa na que interveñen todos os sentidos. Esixe utilizar a vista, o olfacto e o gusto para finalmente gozar da singularidade do chocolate.

Valrhona é unha empresa pequena dentro do sector mundial pero posiblemente das de maior calidade e isto débese a que controla todo o proceso de fabricación do seu chocolate desde a orixe e para iso explicounos Daniel, o seu representante comercial en España, que o ciclo da colleita é bianual e que as de  mazorcas maduras faise a man para protexer os grupos de flores.

Unha vez que se extraen as fabas das  mazorcas, colócanse e recubren coidadosamente para realizar unha fermentación natural que dura de 4 a 6 días, ao final da cal se desenvolverán os precursores dos aromas. Para manter todas as calidades das fabas, a etapa de secado, que naturalmente ten lugar ao sol, é imprescindible. Limpas e clasificadas, as fabas envíanse á planta de produción de Valrhona en Tain l’ Hermitage no norte de Francia e desde alí procédese a elaborar o  coupage das distintas fabas para así elaborar, Os Grands Chocolats de Valrhona que proceden de máis de quince territorios diferentes, desde Venezuela a Madagascar, pasando pola República Dominicana, Ecuador, Colombia ou Ghana entre outros.

A última parte da clase foi a cata que foi de gran interese para os asistentes e que sacamos as seguintes conclusións: Un gran  chocolate é aquel que presenta un aspecto brillante,  satinado en tons entre  cahoba a tons escuros, están compostos dunha porcentaxe de cacao, e o resto, é manteiga de cacao, azucre e  lecitina.

En resumo dicir que  detrás desta marca existe un compromiso social cos produtores que teñen como principal propósito conseguir as mellores fabas do.mundo partindo dun mercado sostible, xusto e que coide o  medioambiente protexendo variedades autóctonas de cada zona e isto achega un valor engadido que desmarca do mercado este produto e faio único e especial.

Agradecer a Valrhona e concretente ao seu embaixador Daniel Hugues pola súa colaboración incondicional coa nosa escola

Share this Post