Showcooking e degustación de peixe na VII Semana Gastrocultural da EFA A Cancelaa cancela

/ Maio 18, 2022/ Noticias

Inauguramos a VII Semana GastroCultural participando no showcooking con sesión técnica e degustación da quella (Prionace glauca), comercializada pola Organización De Productores Nacional de Palangre de Altura (OPNAPA).

A quella é unha especie oceánica que raramente se atópase preto da costa, senón máis ben en augas profundas de mares tropicais, cálidos e temperados.

Trátase dun tiburón moi apreciado por non ter espiñas, ademáis de polas súas propiedades nutricionais, sendo rico en omega-3. É unha especie moi apreciada pola súa carne, destacando polas súas potencialidades e múltiples posibilidades gastronómicas. De carne  branca, con numerosas preparacións culinarias saborosas e nutritivas. Sano, rico e natural, as capturas deste peixe son, ademáis, un exemplo de pesca sostible.

Puidemos degustar dúas elaboracións exquisitas: un guiso  de quella con patacas e unha preparación de quella á prancha rematada no forno con salsa de albariño.

 

Share this Post