Os alumnos da EFA A Cancela preparan a Semana Gastrocultural

/ Maio 7, 2021/ Noticias

Os alumnos e o equipo de A Cancela estamos a traballar moi duro para que a Semana Gastrocultural sexa o grande evento que é cada ano.

Na foto podemos ver a Carla Camiña, que nesta semana está a realizar o Proxecto Empresa-Aula en “Abril Publicidad”, posando cun dos carteis do evento. De volta ás aulas a semana que ven xa nos contará se xa foi quen de facelo ela!

O que de seguro fixeron os alumnos de 1º de CS de Administración e Finanzas foi o tríptico desta VI edición da Semana gastrocultural.

Noraboa a todos polo voso espléndido traballo!

Por outra banda, estamos tomando todas as medidas de protección CoVid para que todo sexa perfecto!

Share this Post