Promocionando a saúde bucodental e o respeto cara ao persoal sanitario

/ Maio 7, 2021/ Noticias

O noso alumnado de Enfermería da un paso adiante para promocionar a nosa saúde bucodental e reclamar o valor da súa profesión cunha declaración contra a violencia e a agresión.

No noso Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería traballamos pola promoción da saúde e polo trato digno aos profesionais sanitarios, dúas labores imprescindibles para dar aínda máis valor ao noso sistema de saúde.

Ao longo do curso, o noso alumnado realizou varias actividades relacionadas con estes dous eidos. Velaquí unha pequena mostra dos resultados de dúas delas.

Por unha banda, temos imaxinativos folletos informativos sobre a avulsión dental, os cales foron elaborados no noso módulo de Técnicas de Axuda Odontolóxica e Estomatolóxica e que nos explican os pasos a seguir no caso de sufrir a perda traumática dunha peza dentaria.

Doutra banda, temos varios carteis en contra da violencia dirixida cara ao persoal sanitario, elaborados no noso módulo de Promoción da Saúde e Apoio Psicolóxico ao Paciente, transmitindo unha mensaxe clara e conciliadora sobre a importancia de dar un trato respectuoso ao persoal sanitario e valorar adecuadamente a súa labor.

Share this Post