Na empresa dende o 1º trimestre”- Un dos pilares educativos da EFA A Cancela
Durante esta semana os alumnos de 1º do CS de Administración e Finanzas están a realizar a súa estadías en empresas, grazas ao noso Proxecto Empresa-Aula.
Nestes días, os alumnos poderán observar e aprender de primeira man aspectos estudados nos Ciclos.
Empresas como N8 Comunicación, na que están a realizar teletraballo, a bodega Señorío de Rubiós, na que aprenden sobre sustentabilidade no rural ou o Concello de A Cañiza, para observar a vertente do emprego público.
Sen dúbida unha experiencia formativa inigualable!