Mapas interactivos para viaxar a todos os puntos turísticos do noso municipio, As Neves

/ Maio 10, 2022/ Noticias

Presentámosvos o proxecto realizado por 1º de  CS de Administración e Finanzas no módulo de INGLÉS: dous mapas interactivos a través dos cales poderás viaxar a todos os puntos turísticos do noso municipio, As Neves, cun só click.
Cada número representa un recurso e está asociado a un vídeo en Youtube gravado polos alumnos de 1º cunha voz en off en galego (voz do noso alumno Gabriel) e en inglés (voz de  Andreina).
Foron moitas as horas invertidas desde o 2º trimestre ata o de agora para a investigación dos recursos turísticos, a redacción de textos descritivos, a gravación dos vídeos nos 2 idiomas ou a realización dos mapas interactivos bilingües, pero vendo o resultado pagou a pena as horas de traballo!

Destacar tamén a edición dun vídeo xeral realizado por Joaquín.

Neste link podes acceder ao vídeo completo en galego editado polo noso alumno, Joaquín: https://youtu.be/Uf2pT8FcAFE

Este traballo englóbase dentro do módulo de Inglés no marco do Proxecto Voz Natura que estamos a desenvolver parte do profesorado da EFA A Cancela.

Mapas turísticos:

MAPA AS NEVES GALEGO

AS NEVES MAP

 

Share this Post