OBRADOIRO IRPF 2021: CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

/ Maio 11, 2022/ Noticias

En plena campaña da declaración da Renda 2021 os alumnos/as do CS de Administración e Finanzas realizaron estes días un curso práctico dirixido por Ana González, xerente da Asesoría Axespa en As Neves.

Os obxectivos foron os seguintes:

  • Entender as diferentes características do IRPF
  • Coñecer todas as partes que compoñen a súa liquidación
  • Ser capaz de realizar a liquidación co programa de Facenda

A actividade foi moi activa e o máis importante: aprender facendo. Moitas grazas Ana pola túa colaboración

Share this Post