ALUMNAS DA EFA APRENDENDO NAS ESCOLAS INFANTÍS

/ Maio 9, 2022/ Noticias

Presentámosvos de esquerda a dereita a Zaira, Nieves e Laura, que están a realizar as prácticas ou FCTs “Formación en centros de traballo” no seu segundo curso do Ciclo Superior de Educación Infantil, para poñer en práctica todo o aprendido na aula durante dous anos de formación.

Amparo realiza unha estancia dunha semana para realizar un traballo de investigación a través do Proxecto da Alternancia que realizamos cada trimestre, cuxo centro de interese este mes é a psicomotricidade na aula, no que elaborará un traballo escrito e despois expoñerá oralmente ao resto de compañeiros e compañeiras de clase e profesoras.

Moitas grazas á Escola Infantil Pasiños de Ponteareas por acollernos, e a Montse e Rosana pola súa implicación e gratitude.

Share this Post