DESCUBRINDO A LOGOPEDIA

/ Marzo 15, 2022/ Noticias

O pasado venres viñeron ao noso centro para darnos unha sesión formativa o servizo completo de Logopedia de Down Vigo (Laura, Lara e Jacobo).

Comezou Lara a exposición explicando que era a logopedia e os ámbitos aos que lles afecta especificamente ás persoas con Síndrome de Down. Contounos tamén como se organizaba o seu servizo na asociación e cada canto se realizan as avaliacións, os cambios de programa de cada usuario e como interveñen con eles nas sesións.

Despois Laura mostrounos diferentes actividades a realizar segundo as áreas da linguaxe e os aspectos orofaciais ou miofuncionais nos que se queira intervir. Todo iso estivo acompañado por vídeos onde se vía como realizalas e mesmo trouxeron tablets para poder ver algunhas actividades. Ademais nunha desas tablets tivemos a oportunidade de ver o programa  Proloquo2, que permite comunicarse a persoas con dificultades nesta área e que actualmente utilízase con algúns usuarios da asociación.

Por último Jacobo falounos dos diferentes hábitos orais lesivos que podemos atoparnos nas aulas de Educación Infantil. Entre eles explicounos o uso de biberón e chupete, a succión dixital, a onicofagia, a respiración bucal e o bruxismo, xunto con todas as malformacións que a realización destes hábitos pode ocasionar.

Grazas a esta sesión descubrimos o importante que é a logopedia e ter uns hábitos orais correctos.

Moitas grazas pola vosa visita!!!

 

Share this Post