AYUVI NA EFA

/ Marzo 15, 2022/ Noticias

A semana pasada recibimos unha sesión formativa a cargo de Yolanda González, Traballadora Social de  AYUVI (Asociación de Axuda á Vida), que asistiu acompañada por Mª Antonia Rodríguez, antiga Directora da EFA, e voluntaria activa nesta entidade.

Esta asociación sen ánimo de lucro ten como obxectivo axudar a nais  xestantes e/ou con fillos ata os tres anos, que se atopen en risco de exclusión social. Ou  seu lema  é “APOIADO A UNHA NAI CONSOLÍDASE UNHA FAMILIA”, e atópase en Vigo.

En  AYUVI ofrécese un lugar de encontro e de acollida, a través do informe de derivación por parte do concello, do hospital ou doutras asociacións. Unha vez feita a valoración por parte do equipo social, ofréceselles axuda para cubrir as súas necesidades básicas (berces, cadeiras de paseo, leite infantil…), e tamén  se lles ofrece formación maternal, como  coaching prenatal, axuda médica ou psicolóxica e formación prelaboral, enfocada nos intereses das propias usuarias.

No ano 2021 foron atendidas 198 nais e 182 cativos.

Si queredes coñecer máis sobre AYUVI, ou colaborar doando material, aportando o teu tempo, ou facéndote socio/a, aquí vos deixamos varios enlaces:

https://www.ayuvi.net/

https://www.instagram.com/asociacionayuvi/

Share this Post