CONVIVENCIA EN VIDE

/ Outubro 16, 2023/ Noticias

O pasado mércores, os dous cursos do CFGS de Educación Infantil, realizaron unha saída de convivencia na nosa contorna máis próxima, concretamente na parroquia de Vide, concello de As Neves. Guiados por unha das nosas alumnas da EFA, Lucía Barbeitos, comezamos a mañá na área recreativa do merendeiro de Vide, que empregamos como zona de encontro para saír cara á nosa primeira parada: a antiga Escola Unitaria de Vide, unha escola e biblioteca para unha comunidade rural. Alí tivemos a sorte de que Sabela, mestra durante moitos anos, nos ensinara as instalacións, e nos explicase como era o funcionamento das escolas unitarias, vivencias, anécdotas, parte da súa traxectoria profesional no sector da educación, e a apertura da comunidade ao redor da cultura e dos libros.

Partimos da escola cara á “Casa da Auga”, situada a moi pouca distancia de alí. Puidemos ver que ademais de ser unha casa moi fermosa, está actualmente sendo usada como centro social, onde se reúnen xentes do pobo e se celebran todo tipo de actos. Tras descansar alí, cunha pequena merenda coa que nos agasallaron, partimos cara á capela de Santa Lucía. Continuamos a nosa andaina  cara á zona de As Pesqueiras, gozando da paisaxe e do sol que non deixou de acompañarnos.

Por último, rematamos cunha dinámica de presentación de grupos, que tiña como obxectivo que uns e outros se coñeceran máis aló das conversas das aulas.

Dende a EFA A Cancela queremos dar as gracias ós veciños de Vide, que nos abriron as portas do seu patrimonio e cultura.

Voltaremos!

Share this Post