Mapas interactivos para viaxar a todos os puntos turísticos do noso municipio, As Neves

/ Maio 10, 2022

Presentámosvos o proxecto realizado por 1º de  CS de Administración e Finanzas no módulo de INGLÉS: dous mapas interactivos a través dos cales poderás viaxar a todos os puntos turísticos do noso municipio, As Neves, cun só click. Cada número representa un recurso e está asociado a un vídeo en Youtube gravado polos alumnos…

ALUMNAS DA EFA APRENDENDO NAS ESCOLAS INFANTÍS

/ Maio 9, 2022

Presentámosvos de esquerda a dereita a Zaira, Nieves e Laura, que están a realizar as prácticas ou FCTs “Formación en centros de traballo” no seu segundo curso do Ciclo Superior de Educación Infantil, para poñer en práctica todo o aprendido na aula durante dous anos de formación. Amparo realiza unha estancia dunha semana para…

EFA A CANCELA CONTRIBÚE Á REFORESTACIÓN DE AS NEVES

/ Maio 6, 2022

Esta actividade, realizada no marco do noso proxecto para Voz Natura, executouse ao longo de boa parte da mañá e supuxo a plantación de 60 carballos nun antigo vertedoiro. Cando deseñamos o noso proxecto “As Neves, Naturalmente” para esta XXV edición do Programa Voz Natura tiñamos moi claro que era o noso deber xerar…

CESTA DOS TESOUROS E XOGO HEURÍSTICO

/ Maio 5, 2022

Presentámosvos os traballos realizados polo alumnado do primeiro curso do Ciclo Superior de Educación Infantil. A cesta dos tesouros é unha actividade que consiste en poñer ao alcance dos nenos obxectos de uso cotián e cos que non estean familiarizados, para que, por exemplo, manipulen, experimenten diferentes estímulos sensoriais e desenvolvan a coordinación óculo…

VISITA AO MUSEO ETNOLÚDICO MELGA

/ Maio 5, 2022

Este pasado martes, o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil, visitou o Museo Melga, en Ponteceso. Este museo ten como misión conservar, investigar e difundir o patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, pero tamén dispón de obxectos de países de todo o mundo. Todo isto é posible grazas a…