VISITA AO MUSEO ETNOLÚDICO MELGA

/ Maio 5, 2022/ Noticias

Este pasado martes, o alumnado do 1º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil, visitou o Museo Melga, en Ponteceso. Este museo ten como misión conservar, investigar e difundir o patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, pero tamén dispón de obxectos de países de todo o mundo.

Todo isto é posible grazas a Ricardo Pérez y Verdes, un coleccionista apaixonado e entregado á Fundación que preside, e á que cedeu máis de catro mil pezas para ser gozadas e contempladas por todas aquelas persoas que queiran achegarse a coñecer e practicar cos xogos e xoguetes tradicionais, como por exemplo a chave, a dorna, a billarda, o roncollo, as matracas, o xogo do anel, o xogo do corno, a bugalliña e moitos máis.

El mesmo realizou a visita guiada, e amenizouna participando co alumnado nos diferentes tipos de xogos que nos propuxo, converténdonos por un día en nenos e nenas sorrintes e felices, sin máis preocupacións que xogar.

Estamos moi agradecidos a Ricardo por la súa xenerosidade e pola acollida e o agarimo con que nos tratou

Share this Post