CESTA DOS TESOUROS E XOGO HEURÍSTICO

/ Maio 5, 2022/ Noticias

Presentámosvos os traballos realizados polo alumnado do primeiro curso do Ciclo Superior de Educación Infantil.

A cesta dos tesouros é unha actividade que consiste en poñer ao alcance dos nenos obxectos de uso cotián e cos que non estean familiarizados, para que, por exemplo, manipulen, experimenten diferentes estímulos sensoriais e desenvolvan a coordinación óculo manual.

En canto ao xogo heurístico, esta actividade consiste en distribuír en diferentes focos de actividade, bastantes unidades de obxectos diferentes e contedores para que con xoguen libremente, experimenten, e localicen obxectos, entre outras funcións.

Esperemos que vos gusten!

Share this Post