II XORNADA SEMANAGASTROCULTURAL – 2ª PARTE

/ Maio 20, 2022/ Uncategorized

O IMPACTO DA NUTRICIÓN NO TRABALLO con Quirón Prevención foi o seguinte tema a tratar a cargo de Manuel López.

A prevención de riscos laborais aúna o esforzo de empresarios, traballadores e a sociedade para mellorar a saúde e o benestar das persoas no lugar de traballo.

O lugar de traballo abarca a maioría da poboación adulta que está nunha contorna  controlable e que se extrapola posteriormente fora do ámbito laboral (mellora da sociedade en xeral).

Búscase un cambio de hábitos de maneira transversal e integral, implicando a todos os departamentos e con coherencia entre as accións ambientais e educativas.

Un dos aspectos importantes na promoción da saúde é a alimentación. Así o deseño de programas adaptados aos diferentes postos de traballo en función do gasto enerxético, traballo sedentario, as quendas… e a súa influencia noutros factores de risco cardiovascular como a obesidade, a diabetes, o colesterol. Como dato indicar que 1 de cada 11 persoas no mundo padece diabetes. A dieta en moitos casos é determinante.

A saúde individual da persoa pasa a ser o centro, onde  pivota toda a estratexia da sociedade. Neste novo modelo de exame da saúde inclúense  vectores analíticos, valoración e consellos nutricionais (índice cintura-talla), cálculo do risco cardiovascular (score) e un cuestionario de valoración  psicoemocional.

En definitiva, trátase de coidar a alimentación do persoal, adecuala segundo e no posto de traballo o que redundará na mellora da produtividade laboral, a necesaria implicación de todos no valor da saúde e, finalmente, conseguir benestar e unha sociedade sa e feliz.

EMPRENDEMENTO NO CAMPO DA NUTRICIÓN con Dona Eva Seijo Muras, bióloga e apicultora e xerente de Meles JS.

Os inicios remóntanse ao seu avó, continuando posteriormente o seu pai. No ano 2010 profesionalízanse   (pasan de 150 a 300 colmeas). Non se necesita un gran investimento, a maior barreira é a formación. Teñen colmeas en Baixo Miño, Porriño, Morrazo, Ribeira Sacra e O Páramo.

Propiedades nutricionais do mel: non soamente serve como  endulzante, tamén contén  proteínas e vitaminas dos grupos  B e  C. Ten propiedades  calmantes,  antisépticas e antioxidantes. Cada unha dos diferentes tipos posúen propiedades máis específicas. A de breixo é a de maior contido en  polifenoles e  flavonoides. A de silva, capacidade antioxidante e alimento  reconstituínte.

En Galicia dispoñemos de dous selos de calidade: mel ecolóxico ( Craega) e  IXP  Mel de Galicia. Cada un deles marca as características que debe presentar o produto para a súa comercialización.

Outros produtos que tamén obteñen: pole (recomendada para anemias,  astenias, regulador intestinal), xelea real (estimula o metabolismo, antibiótica, sistema  endocrino), cera e  propóleo (propiedades antibacterianas,  funxicidas, cicatrizantes).

Dona Ester Ordóñez Dios, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia e representante de BELACOLMEA.

Belacolmea nace da man da Agrupación Apícola de Galicia. Lanzaron unha liña de produtos naturais especialmente formulados para o coidado da pel, que buscan a prevención e solución de todas as alteracións que esta poida sufrir, a través de formulacións naturais específicas. Entre as bondades dos seus bálsamos e cremas destaca que concentran os beneficios terapéuticos dos produtos da colmea, ademais de ser aptos para todo tipo de cute, especialmente para peles sensibles ou con tendencia á deshidratación.

Foi tamén unha forma de complementar as rendas dos apicultores porque o mel non só se come.

En España a apicultura profesional desenvólvese sobre todo no sur. En Galicia é menos profesional pero unha actividade moi arraigada no territorio. Xa no Códice Calixtino se mencionaban as diferentes propiedades do mel

 

Share this Post