Clausura VII Semana Gastrocultural

/ Maio 20, 2022/ Noticias

Clausuramos esta edición da VII Semana Gastrocultural con Dona Carmen Durán Parrondo, Directora Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Don Xosé Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves, Dona María del Carmen Gil, presidenta da Asociación  EFA A Cancela e Dona Lara Fernández, directora da escola de Formación Profesional  EFA A Cancela.

Dona Lara Fernández agradeceu a súa participación a todos os relatores, ao profesorado e equipo polo traballo realizado na organización destas xornadas, aos alumnos dos diferentes Ciclos que fixeron de azafatos e azafatas así como aos que se encargaron do cátering.

Pola súa banda, Dona María del Carmen Gil destacou o gran nivel dos relatores e das catas e agradeceu a presenza de Dona Belén Rodríguez, secretaria xeral da Federación de  EFAs de Galicia.

Dona Carmen Durán  Parrondo encomiou o traballo realizado pola nosa escola por organizar este evento así como o noso territorio, As Neves, ao que cualificou como un enclave privilexiado tanto para vivir como para estudar.

Falounos do programa que están a levar a cabo “Obesidade Zero”. Debemos aproveitar a gran materia prima que temos en Galicia para chegar a este obxectivo.

Ofreceuse para traballar en conxunto coa nosa escola e loitar para conseguilo.

Don Xosé Rodríguez Méndez clausurou finalmente a VII Semana  Gastrocultural felicitando unha vez máis á EFA A Cancela pola nosa iniciativa, cualificándoa como unha acción de vangarda e destacando a importancia da colaboración das institucións públicas

 

Share this Post