Xuntos contra a violencia. 25N

/ Novembro 25, 2022/ Noticias

Esta mañá, no Auditorio de As Neves, tivo lugar un encontro de tódolos centros educativos do pobo, no que representantes dos alumnos manifestaron a importancia da concienciación de non usar nin permitir a violencia cos demais e hoxe, como non podía ser doutra maneira, incidiuse especialmente na violencia contra a muller. Pilar Casas,concelleira e promotora deste acto, recordounos que a violencia psicolóxica as veces é ainda peor que a física.
Proxectouse un verdadeiro documento histórico, no que mulleres maiores, usuarias do centro de día, relataron experiencias e anécdotas de cando eran mozas.
Foi verdadeiramente fermoso e emotivo, e os asistentes acollérono con agarimo e unha longa ovación.
Para rematar, o alumno de segundo curso do CFGS de Administración e Finanzas, Alberto Alonso, subliñou que os homes que maltratan non son homes, senón miserables.
Noraboa ao Concello por esta iniciativa
Share this Post