Doazón de sangue na EFA A Cancela

/ Decembro 1, 2022/ Noticias

Os alumnos, alumnas e profesores da EFA A Cancela participan na campaña de Doazón de Sangue.

O mércores 30 de novembro os alumnos e alumnas da EFA A Cancela dedicaron uns minutos do seu tempo para doar #sangue e tamén participar na mesa informativa que tivemos sobre a #Doazón de #MédulaÓsea. Cada día precísanse en Galicia unhas 500 doazóns para que toda a actividade asistencial dos hospitais galegos poida levarse a cabo. Por iso, queremos agradecer a todos aqueles alumnos que fixestes posible que a xornada de hoxe fose un éxito.

¡Moitas grazas a tod@s!

Share this Post