Xornalistas por un día na IX Semana Gastrocultural da EFA A Cancela
O alumnado do CFGM de Xestión Administrativa e do CFGS de Administración e Finanzas fixeron unha análise ao detalle dos diferentes relatorios da IX Semana Gastrocultural da EFA A Cancela que, un ano máis, trouxo á comarca do Condado a profesionais e expertos de distintos sectores para enxalzar a excelencia como distintivo e ferramenta de traballo.
Este é o resultado da súa análise, os puntos máis importantes e descritivos de cada relator:
JORGE CAMESELLE
Doutor en Medicina e Cirurxía, Académico Correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia resume os principiois da excelencia. ANOTADE!!!📝
▶️ Compromiso: co noso traballo para dar o máximo. Coherencia
▶️ Superación: lograr mellorar o rendemento. Autoestima
▶️ Redefinir: estándares aceptados do que é normal. Rebeldía
LEVÍ OLIVARES
Dende EVD traballan para ⬇️
➡️ velar pola dignidade das persoas💜 , sobre todo das mulleres con discapacidade e das mulleres do rural
➡️ procuran o equilibrio social
➡️ ofrecen servizos para a conciliación e coidados dos maiores e dos cativos
➡️ emprenden e xeran emprego no rural
VÍCTOR CONUS
O chef e emprendedor da Mesa de Conus, en Vigo, sinte que 👀 🔝 :
🔵 Hoxe é mellor que onte e peor que maña, iso é a excelencia!!!
🔵 Equivocarse é necesario para acertar. A excelencia é superación diaria
🔵 O esforzo, horas de traballo, dedicación e moita vocación está detrás do éxito
JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ
Fundador de TECSEM regálanos os seus principios elementais de vida:
-Cultivar a integridade
-Cultivar el sentido de la responsabilidad
-Cultivar el espíritu de servicio
-Cultivar la alegría
Excelencia técnica, sí pero acompañada de excelencia humana. No tengáis miedo al sacrificio, al esfuerzo o a tomar decisiones difíciles y duras porque la excelencia implica todo esto.
ÓSCAR PÉREZ RAMIL
Secretario-xerente do Consello Regulador D.O.P. Arzúa-Ulloa e director técnico da devandita denominación adiantou nas Neves que a calidade está de moda e que na orixe está o segredo da calidade.