Xornalistas por un día na IX Semana Gastrocultural da EFA A Cancela II

/ Maio 24, 2024/ Uncategorized

O alumnado do CFGM de Xestión Administrativa e do CFGS de Administración e Finanzas fixeron unha análise ao detalle dos diferentes relatorios da IX Semana Gastrocultural da EFA A Cancela que, un ano máis, trouxo á comarca do
Condado a profesionais e expertos de distintos sectores para enxalzar a excelencia como distintivo e ferramenta de traballo.

Este é o resultado da súa análise, os puntos máis importantes e descritivos de cada relator:

CRISTINA GIL E SELENE BARROS de Micelio Terapias S. Coop. Galega

🔝 RURAL ↔️  Servizos profesionais e personalizados dende o rural

🔝 RURAL ↔️  Emprego e oportunidades

🔝 RURAL ↔️  Economía circular con beneficios para a sociedades

ESTRELLA LÓPEZ PARDO

Doutora en Medicina, adiantou no auditorio José Gil das Neves os retos do sistema sanitario galego

☑️ Implantar sistemas de vixianza

☑️ Potenciar a área dixital e os servizos transversais para mellorar a relación co pacientes

☑️ Liderar

☑️ Gestionar el presente para un futuro mejor

☑️ Potenciar los vínculos entre la medicina y la investigación

☑️ Integrar la asistencia sanitaria en el programa asistencial

☑️ Atención primaria como eje vertebrador

CRISTINA PEREIRA e CATERINA RUZZA do Eleven School Montessori British Education

✔️ Educación para a vida real. Creando conciencia planetaria🌍

✔️ Para que son bo e a que me quero adicar

✔️ A escola non pode ser só unha nota

✔️ Curriculum basado en capacidades y necesidades

✔️ Enseñar habilidades para la vida

✔️ Investigar, ponderar y reflexionar para llegar a la excelencia

LINA RÍO

KAIRO CLUB DE NEGOCIOS

4 piares para non fracasar como emprendedora

👍 Facer equipo non viaxar en solitario

👍 Seleccionar ben a oportunidade de negocio

👍 Ter visibilidade

👍 Implantar mecanismos de xestión axeitada do tempo

LUIS CABARCOS

Director xeral de AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria)

Facer ben as cousas hoxe para no futuro estar orgullosos do pasado

Os nosos produtos teñen:

⏫ Éxito

⏫ Calidade

⏫ Orixe

⏫ Historia

Share this Post