VISITAMOS LEROY MERLÍN EN SANTIAGO

/ Abril 18, 2024/ Noticias

A rama de Administración, 1° do CFGS de Administración e Finanzas e 1° do CFGM de Xestión Administrativa, estiveron en Leroy Merlín en Santiago.
Atendéronos Julio e Olaya para explicarnos, como é o proceso comercial da tenda, técnicas de venta, como é a súa loxística, as diferentes seccións que teñen, como rotan en función da época do ano na que nos atopemos, os diferentes sistemas que utilizan para contratar aos seus traballadores, os diferentes postos de traballo, os obxectivos que teñen que cumprir en algúns casos para seguir manténdose e os diferentes sistemas de ventas.
O alumnado estivo atento escoitando e visualizando como se organiza esta multinacional especializada en bricolaxe decoración e xardinería e como vai crecendo día a día.
Moitas grazas Julio e Olaya polo voso tempo!

Share this Post