UN ANO MAIS, VISITAMOS O BANCO DE SANGUE UBICADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

/ Abril 19, 2024/ Noticias

O noso alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería realizou unha visita de estudos ao Banco de Sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS). 

O martes 16 de abril, os nosos futuros TCAEs viaxaron ata o Campus Vida compostelán para coñecer a estrutura e funcionamento das instalacións de ADOS onde se recepcionan e procesan todas as doazóns recollidas en Galicia.

Aínda que nesta ocasión non puidemos visitar a unidade de procesamento analítico, sí desfrutamos dunha ollada privilexiada ao laboratorio de recepción e distribución, no que traballan uns vinte técnicos en dúas quendas para recibir, revisar e procesar as bolsas de sangue, destacando os procesos de centrifugación, fraccionamento e posterior procesamento e conxelación de cada unha das fraccións obtidas (plasma, hematíes e placa leucoplaquetaria), destacando a obtención de plasmoderivados en Barcelona a partir das bolsas enviadas.

Tamén cabe destacar a charla sobre concienciación e promoción da doazón de sangue e medula ósea que recibiu o noso alumnado, cunha explicación detallada sobre os requerimentos para doar e sobre o control de calidade que se realiza neste Centro para garantir a saúde e a seguridade tanto dos receptores da doazón como dos doantes.

Desde EFA A Cancela agradecemos esta visita de estudos aos responsables e a todo o equipo do Banco de Sangue de ADOS.

Share this Post