Visita dos primeiros cursos de Administración a Mascato Salvaterra S.L., unha das nosas empresas colaboradoras máis internacionais

/ Novembro 12, 2021/ Noticias

Aínda que a sede principal de Mascato, S.A. atópase en Vigo, adicionalmente á coordinación do Grupo operan en España: Mascato Salvaterra, S.L. planta procesadora envasadora de produtos conxelados e certificada no sistema de xestión ambiental EMAS III, e Operación de pesca en Gran Sol para a  venda en fresco.

Víctor Pardavila, director de RRHH e Mónica, encargada de persoal de fábrica, explícaronnos en profundidade o tipo de produtos que comercializan na empresa e o traballo en cadea tan organizado que se leva a cabo.

Pescada, galo, tintorera, espada e eeafood Mix, son maiormente os produtos traballados en Salvaterra.

Para garantir a seguridade alimentaria, a sustentabilidade da subministración e bos prezos, Mascato inviste naquelas orixes onde se atopa a materia prima. Así, ademais de en España, coordínanse operacións en Namibia, Sudáfrica, Vietnam, Chile e EEUU.

Ao final da visita deleitáronnos cunha cata deliciosa de hamburguesa de peixe espada ou burritos de marisco.

Un auténtico placer en todos os sentidos!

Share this Post