A doazón de medula ósea e a súa importancia na sociedade

/ Novembro 12, 2021/ Noticias

O noso alumnado de enfermería recibiu información sobre a doazón de medula ósea nesta sesión formativa impartida pola Coordinadora Autonómica de Trasplantes de ADOS Galicia.

O pasado mércores tres de novembro Marta Álvarez visitou EFA A Cancela para impartir unha sesión formativa ao noso alumnado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería (CAE).

Durante aproximadamente unha hora, a coordinadora autonómica de trasplantes da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) explicou a historia e funcionamento da devandita axencia, a súa colaboración co SERGAS e a Fundación Josep Carreras, así como a importancia da doazón da medula ósea, o tecido presente en certos osos no cal se atopan as células que darán lugar a eritrocitos, leucocitos e plaquetas, é dicir, as compoñentes fundamentais do noso sangue.

Ademáis de aprender sobre os distintos tipos de extracción, o noso alumnado tamén recibiu importante información sobre os requisitos para ser doante, así como os múltiples medios a través dos cales poden inscribirse como tales, xa sexa a través de internet, teléfono ou de forma presencial nun centro de saúde galego.

Aproveitamos a ocasión para facilitarvos o seguinte enlace web, no cal poderedes ampliar información sobre este tema:

https://ados.sergas.ga

Share this Post