Sesión formativa online coa Casa Niño Triacastela
Este pasado luns o alumnado do primeiro curso do Ciclo Superior de Educación Infantil asistiu a unha sesión formativa en liña con Rocío Pombo, Educadora Infantil da Casa Niño Triacastela en Lugo.
Para aqueles que non saibades o que é unha Casa Niño, informámosvos que é un centro educativo para nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, para facilitar a conciliación daqueles pais que vivan en Concellos con menos de 5.000 habitantes. Rocío é autónoma, ten a súa propia Casa Niño, e explicounos todas e cada unha das actividades tan creativas que leva a cabo cada día cos pequenos, o horario que segue, as pautas cos nenos, o trato personalizado e próximo…etc.
O máis importante é que nos transmitiu a súa enerxía e amor e paixón por esta profesión, e fíxonos reflexionar sobre a posibilidade de desenvolver o noso futuro profesional nunha Casa Niño.
Moitísimas grazas Rocío!