Visita da Mestra Composteira Vitoria do Plan Revitaliza

/ Decembro 1, 2022/ Noticias

Os alumnos do CFGM de xestión Administrativa e do CFGM de Panadería, Repostería e Confitería I están a participar nun proxecto colaborativo que consiste na creación dun almacén de alimentación. Este proxecto xorde do profesorado de ambos ciclos coa finalidade de xuntar esforzos para desenvolver, a materia de forma común e dinámica, xa que en ambos Ciclos trabállase nos módulos a loxística e o manexo dun almacén.

Para iso, levamos varias sesións en común onde imos traballando desde a localización, a organización óptica do almacén, o control de stock, inventario, etc.

Todas estas tarefas en común realizámolas no almacén do obradoiro de Panadería e a aula de informática.

Hoxe dentro deste traballo colaborativo,tivemos a visita técnica da nosa Mestra Composteira Vitoria que nos deu unha clase maxistral sobre selección de residuos e compostaxe pois, entendemos que na produción e loxística de calquera empresa, é  fundamental facer unha boa selección de residuos. Aproveitamos a ocasión para difundir a compostaxe entre  os nosos alumnos e para concienciar na necesidade de tratar o lixo de forma sostible e formalos no respecto polo medio ambiente.

Agradecer a Vitoria e ao proxecto Revitaliza, ao que estamos asociados, a súa colaboración incondicional.

Share this Post