O NOSO ALUMNADO DO CFGM COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA ASISTIU AO II CONGRESO GALEGO DE PERSOAS CON CANCRO E FAMILIARES

/ Decembro 2, 2022/ Noticias

O evento, organizado pola AECC celebrouse no Auditorio Mar de Vigo, coa presenza destacada de investigadoras, autoridades e personalidades como Luz Casal. 

O pasado venres 18 de novembro, o noso alumnado viaxou ata o Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica para asistir á primeira xornada do devandito congreso, organizado pola Asociación Española contra o Cancro. O obxectivo do mesmo foi promover un espazo físico no cal favorecer o diálogo entre doentes oncolóxicos, as súas familias e o persoal sanitario que coida deles.

Nesta primeira xornada destacou a testemuña de Luz Casal, a famosa cantante que xa se tivo que enfrontar en dúas ocasións ao cancro de mama.

Ademais, realizouse unha interesante mesa de diálogo titulada “Se hai investigación, hai esperanza”, na cal se defendeu a necesidade dos ensaios clínicos como ferramenta fundamental na investigación e loita contra o cancro. Esta mesa contou co testemuño dun doente oncolóxico que actualmente está a realizar un destes ensaios clínicos e coa participación de varias expertas destacadas na investigación: unha fronte de esperanza na eterna batalla contra este mal.

O evento finalizou cunha espectacular actuación do Ballet de Galicia.

Share this Post