Visita á novena edición do Fórum Gastronomico dos alumnos do CFGM de Panadería, Repostería e Confitería
Un espazo para descubrir o potencial gastronómico nacional.
Un dos relatorios ao que asistimos foi o de Fernando Saez “Mestre Heladero” que anos atrás estivo impartindo unha formación na nosa escola e que desde entón siguimos a súa espectácular traxectoria profesional.
Tamén asistimos a ponencias de Javier Olleros, Pepe Solla ou Lluc Crusellas campión do concurso mundial de chocolatería no ano 2022.
Un día onde nos empapamos de casos de éxito, descubrimos a sustentabilidade desde unha visión ética da profesión, o respecto ao produto como orixe dos proxectos gastronómicos, o valor do servizo e a atención do cliente como mellor estratexia para chegar á excelencia.
En resumo traemos unha grata experiencia que seguro esperta nos nosos alumnos ganas de superar as expectativas profesionais para o seu futuro.