Visita á Deputación e o Concello de Pontevedra dos alumnos de 2º CM Xestión Administrativa e de 1º CS Administración e Finanzas

/ Marzo 14, 2022/ Noticias

O pasado xoves os nosos alumnos de 2º CM Xestión Administrativa e de 1º CS Administración e Finanzas visitaron a Deputación e o Concello de Pontevedra onde nos recibiu o alcalde da cidade, D. Miguel Anxo Fernández Lores.

Na Deputación os nosos alumnos recibiron diferentes sesións sobre protocolo, procura de emprego, así como información dos diferentes proxectos nos que traballa a Deputación dos que se poden beneficiar os nosos alumnos como DepoEmprende ou Erasmus+, consorcio de 38 centros educativos de Pontevedra, do que  EFA A Cancela forma parte desde hai xa varios anos e do que se beneficiaron numerosos alumnos, obtendo unha Bolsa para traballar nunha empresa europea durante 6 meses.

Pola súa banda, D. Miguel Anxo Fernández Lores fíxonos unha extensa explicación de como Pontevedra chegouse a converter na cidade que é, acolledora e pensada para o benestar do cidadán, “un destino máxico que nunca deixa de sorprender” 

Share this Post